Colegio Oficial de Farmaceuticos de Ourense
asgafa
sergas
portalfarma
logoama
bannerCF 300x90
Bolsa Farmamundi 40g

Estatutos

ANEXO

Estatutos do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Ourense

O exercicio das profesións colexiadas como a que desenvolven os licenciados en farmacia debe axustarse ás novidades introducidas pola Lei 2/2007, do 15 de marzo, de sociedades profesionais. Esa é a razón fundamental que xustifica a modificación dos Estatutos do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Ourense.

Como os cambios afectan moi diversas cuestións, por razóns sistemáticas e de técnica xurídica considerouse preferible aprobar uns novos estatutos, en lugar de facer unha modificación parcial dalgúns preceptos illados.

Na elaboración deste texto outorgouse especial relevancia ao rexistro de colexiados, estruturando a súa organización, determinando o réxime xurídico dos asentos de rexistro e identificando o responsable da súa xestión. Se ben é certo que respecto ás cues- tións de rexistro se descende a un considerable grao de detalle, e que esa regulación pormenorizada se podería ter remitido a outras normas internas do colexio de inferior rango, tendo en conta a relevan­cia das novidades en materia de sociedades profe­sionais, optouse por incorporar aos estatutos unha regulación completa e detallada sobre a materia.

Por outro lado, en cumprimento do establecido na disposición adicional sexta da Lei 2/2007, do 15 de marzo, de sociedades profesionais, e tendo en conta o disposto no artigo 103.4° da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, estes estatutos reflicten as limitacións das actividades profesionais que no ámbito farmacéutico poden exercer as sociedades profesionais. Posto que a Lei 2/2007 non modifica o réxime de titularidade das oficinas de farmacia, e como a lexislación sanitaria establece que só as persoas físicas poden ser titulares e propietarias dunha oficina de farmacia, estes estatutos incorpora ao seu texto esas decisións do lexislador.

A inscrición da sociedade profesional no rexistro colexial non implica en ningún caso a adquisición por esta dos dereitos políticos establecidos nestes estatutos e no regulamento de réxime interior.

Adjuntos:
Descargar este adjunto (estatucof.pdf)Estatutos