Colegio Oficial de Farmaceuticos de Ourense
asgafa
sergas
portalfarma
logoama
bannerCF 300x90
Bolsa Farmamundi 40g

Concierto


En Santiago de Compostela, a 30 de setembro de 2013 REUNIDOS

Dunha parte: Dona Rocío Mosquera Álvarez, Conselleira de Sanidade e Presidenta do Servizo Galego de Saúde, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e eos Decretos 41/2013 e 43/2013, do 21 de febreiro, polos que se establecen as estruturas orgánicas da Conselleria de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde: de conformidade co establecido na Lei 4/2006, de 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración Pública Galega, así como na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, e tendo en conta o acordo da Xunta de Galicia do 27 de marzo de 1991, feito público mediante resolución do 8 de abril de 1991 da Conselleria de Economía e Facenda (D.O.G. n° 82 do 30 de abril de 1991).

E doutra: dona Rosa María Lendoiro Otero, con DNI 32.763.113'G, presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña, don Vicente Jairo Álvarez Fernández con DNI 32.648.439- P, presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, dona Ana Prieto Nieto, con DNI 34.950.793- Q, presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo e dona Alba Ma Soutelo Solíño con DNI 36.033.229-A, presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra.

Interveñen en función dos seus respectivos cargos, e no exercicio das súas facultades que a cada un deles le están conferidas, con plena capacidade para formalizar o presente convenio e polo exposto:

MANIFESTAN

Primeiro: Que a prestación farmacéutica se rexe polo disposto na Lei 29/2006, de 26 de xulio, de garantías y uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios e pola normativa de produtos sanitarios e demais disposicións aplicables.

Segundo: Que na Comunidade Autónoma de Galicia, a Tarxeta Sanitaria Individual (TIS) é o documento que identifica e acredita aos cidadáns para o acceso aos servizos e prestacións sanitarias con cargo ao Servizo Galego de Saúde, entre elas á prestación farmacéutica.

Terceiro: Que as oficinas de farmacia, como establecementos sanitarios que son, venen colaborando co Servizo Galego de Saúde para garantir o uso racional da prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde, tal e como se recolle no concerto para a prestación farmacéutica a través das oficinas de farmacia subscrito con data do 25 de setembro de 2009 e demais convenios de colaboración subscritos entre o Servizo Galego de Saúde e os Colexios Oficiáis de Farmacéuticos de Galicia.

Cuarto: Que a colaboración das oficinas de farmacia inclúe a atención farmacéutica de calidade prestada aos pacientes que precisen dos medicamentos e produtos sanitarios incluidos na prestación farmacéutica.

Quinto: Que a execución da prestación farmacéutica a través das oficinas de farmacia, se ven levando a cabo coa presenza e a participación activa dos farmacéuticos que exercen a súa actividade nos ditos establecementos.

Sexto: Que para continuar coa colaboración das oficinas de farmacia de Galicia na execución da prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde, resulta necesaria a concertación délas a través dos Colexios Oficiáis de Farmacéuticos da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra co Servizo Galego de Saúde.

Sétimo: Que en relación co artigo 33 da Le/ 16/2003, do 28 de maio, de Cohesión e Calidade do Sistema Nacional de Saúde, nestes últimos anos implantouse en Galicia a receita electrónica coa participación activa dos Colexios Oficiáis de Farmacéuticos e co obxectivo, ntroutros, de mellorar a seguridade no uso dos medicamentos, mellorar a accesibilidade dos pacientes e acadar unha xestión eficiente dos recursos farmacoterapéuticos mediante a racionalización da prescrición e dispensación dos medicamentos.

 

Oitavo: Que así mesmo, o Servizo Galego de Saúde e os Colexios Oficiáis de Farmacéuticos laborarán na promoción da atención farmacéutica como actividade prioritaria do exercicio das funcións dos profesionais farmacéuticos ñas oficinas de farmacia.

En consecuencia, ámbalas partes acordan subscribir o presente convenio de colaboración de acordo coas seguintes clausulas: